Araceli Gonda

Araceli Gonda

Biografía

(Morgadáns, Gondomar 1976) Chegou a Santiago para estudar Xornalismo, e alí quedou. Traballou máis de dez anos na redacción de deportes da TVG, ata que en 2010 decidiu comprobar se era quen de sobrevivir como guionista. A que case non sobreviviu co desgusto foi a familia. Escribiu en series para TVG como Luci (da que é co-creadora), Padre Casares, Cuarto sen ascensor, A vida por diante, Terra de Miranda, Pazo de Familia, Urxencia Cero, Serramoura ou Vidago Palace, miniserie de coprodución entre Portugal e Galicia. Tamén participou na serie para Telecinco Piratas, coa que se fixo unha experta en relativizar as críticas. En cine colaborou no guión de 18 comidas, de Jorge Coira, que recibiu sete premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, incluído mellor guión. Tamén probou como guionista de programas de entretemento (Tourilandia), como escritora de teatro para nenos e non tan nenos (Flis-fli-ris-flás, A rebelión do monicreque, Curriculum Vitae, Amor Flexible) e como autora de libros infantís (Flis-fli-ris-flás, Area fai seis, Os amigos de Santi). Durante tres anos foi profesora de guión na Universidade de Santiago de Compostela, algo que lle fixo especial ilusión a súa sogra. Está convencida de que o sentido do humor é a única razón que evita que o ser humano se extinga.

Filmografía

CINE
18 Comidas, de Jorge Coira. (Tic-tac Prod./Zircozine) Co-guionista xunto con Jorge Coira e Diego Ameixeiras. 2010.

TELEVISIÓN

-Vidago Palace. (Miniserie de ficción, 50’ Coprodución Portugal-Galicia. Hop!/Portocabo para RTP e TVG) Argumento (6 capítulos). Diálogos (3 capítulos). 2017

-Serramoura. (Serie de ficción. Drama 70’ Voz Audiovisual para TVG) Diálogos (6 capítulos). 2017

-Urxencia Cero. (Serie de ficción. Drama 65’ Voz Audiovisual para TVG) Diálogos (1 capítulo). 2016

-Pazo de Familia. (Serie de ficción. Drama 70’ Central de Telecontenidos para TVG) Diálogos (2 capítulos) 2015

-Luci. (Serie de ficción. Comedia 25’ Portocabo para TVG) Co-creadora xunto con Pepe Coira, Jorge Coira e Alfonso Blanco. Diálogos (24 capítulos). Argumento (14 capítulos). 2013-2014

-Padre Casares. (Serie de ficción. Comedia 65’ Voz Audiovisual para TVG) Diálogos (46 capítulos). Argumento (13 capítulos). 2008-2014

-África. Padre Casares en Malí. (Tv movie. Comedia 95’ Voz Audiovisual para TVG) Diálogos 2011

-Chapa e pintura. (Serie de ficción. Comedia 65’ Voz Audiovisual para TVG). Diálogos (1 capítulo). 2013

-Piratas. (Serie de ficción. Drama 70’ Mandarina Producciones para Telecinco) Diálogos (2 capítulos) 2011

-Os Atlánticos. (Serie de ficción. Drama/Comedia 60’ Filmanova para TVG). Argumento (3 capítulos). Diálogos (2 capítulos) 2008

-Terra de Miranda. (Serie de ficción. Drama 60’ Voz Audiovisual para TVG). Diálogos (4 capítulos). Argumento (2 capítulos). 2007

  • A vida por diante. (Serie de ficción. Drama 60’ Voz Audiovisual para TVG). Diálogos (9 capítulos). 2006-2007
    -4º sen ascensor. (Serie de ficción. Comedia 60’ Filmanova para TVG) Argumento (17 capítulos). Diálogos (7 capítulos) 2005
    -Gala Premios Mestre Mateo 2012. Guionista. 2013
    -Tourilandia. (Programa de televisión. Humor 120’) 2012

TEATRO

-Amor flexible. Redrum Producciones. Co-escritora do texto teatral. 2014

-Curriculum Vitae. Redrum Producciones. Co-escritora do texto teatral. 2012

-A rebelión do monicreque. Obra de teatro infantil para Matapiollos. 2011

-Flis-fli-ris-flás. Obra de teatro infantil para Matapiollos. 2008

LITERATURA

-Os amigos de Santi. Libro infantil. Editorial Galaxia. 2014

-Area fai seis. Libro infantil. Editorial Galaxia. 2011

-Flis-fli-ris-flás. Libro infantil. Editorial Galaxia. 2009