Dani de la Torre

Dani de la Torre

Monforte de Lemos, 1975

Biografía

Director e Guionista de Cine, TV e Publicidade.
Os meus traballos acadaron importantes galardóns nacionais e internacionais.
A Miniserie "Mar libre" foi a película española máis vista en canles autonómicas en España en 2010 e acadou galardóns en Houston, Chicago,Galicia, Braga ou Marbella.
As miñas curtas acadaron numerosos premios e recoñecementos nos Festivais de curtas máis importantes, entre eles fun finalista o Goya a mellor curta de ficción en 2010.
En Publicidade o spot "Santiago é grande" foi galardonado coma o mellor video turístico do mundo en Florianápolis ( Brasil) e no Art Tour en Barcelos.

Filmografía

-“EL DESCONOCIDO” 2015. LONGAMETRAXE
-“MAR LIBRE ”(TALKING WITH THE WIND). MINISERIE TV.2010.
-”X NADA” (2008) CURTAMETRAXE.
-“BUENOS DÍAS” (2005).CURTAMETRAXE.
-“LOBOS”.(2004). CURTAMETRAXE.
-“MINAS”.(2003). CURTAMETRAXE.
-DIRECTOR e COGUIONISTA XI GALA PREMIOS MESTRE MATEO, TVG 2013.
-DIRECTOR CREATIVO e REALIZADOR DE AUTOPROMOCIÓNS NA TVG 2008-13.
-DIRECTOR DA CAMPAÑA INTERNACIONAL DE TURISMO “SANTIAGO É GRANDE” 2008.
-DIRECTOR DA CAMPAÑA “VOLVE O FÚTBOL, EN GALEGO” PARA TELEVISIÓN DE GALICIA. 2007.
-DIRECTOR DA CAMPAÑA INTERNACIONAL DA SANTIAGO FILM COMISSION 2006
-REALIZADOR DOS SPOTS NA CAMPAÑA DE PRESENTACIÓN DA NOVA PROGRAMACIÓN DA TELEVISIÓN DE GALICIA. 2006
-DIRECTOR DO SPOT NA CAMPAÑA DE LANZAMENTO DA NOVA PROGRAMACIÓN DA RADIO GALEGA 2006.
-DIRECTOR DO SPOT NA CAMPAÑA DE NADAL 2005 DA TELEVISIÓN DE GALICIA.