Lois Blanco

Lois Blanco

Biografía

Lois nace na capital galega, debeu ser para poder moverse con máis comodidade, porque viaxou pola xeografía galega ata afincarse, xa adolescente, nas cercanías de Santiago. Igual por iso lle ferve tanto a cabeza agora. Viaxa, dentro do mundo da cultura, entre o audiovisual (Ciencias da comunicación), o teatro (dramaturxia e dirección) e a literatura (gañando premios en certames coma o de Ames). Os puntos de encontro case sempre dan cun papel en branco, co que leva relacionándose desde os 9 anos. A súa última curta está movéndose en mercados e festivais do mundo, a ser o pasado que nos leva inevitablemente ó futuro. Estrea a súa primeira curta, Fálame do Silencio, en xaneiro de 2016; é seleccionada para o Short Films From Galicia ese mesmo ano.

Filmografía

Fálame do Silencio (curta) 2016