María Carballeira

María Carballeira

Biografía

(Monfero, 1984). Estudei xornalismo e filoloxía clásica e gaño a vida unhas veces como guionista e outras como profesora. Cheguei a Compostela con 18 anos e polo de agora non marchei, aínda que sigo levando comigo o meu falar monferés “do país”. Gústanme as linguas e sobre todo as palabras. Podo pasar horas estudando a orixe dalgunha e intentado convencela de que me presente a parentela. A veces escribo sobre temas moi técnicos e gozo de orgasmos documentativos. Outras redacto coma quen se pon a baduar e aproveito para meterlle algunhas palabras desas que non recolle a RAG. Recordaranme por ser unha lercha luareira, pero no meu currículo tamén está a ciencia, unha serie, historias de amor e humor, os prezos do gando en Amio, guións de reconstrucións de crimes que parecen curtas “gore” e ata as galiñas de catro patas de tres anos de Galicia Noticias. Quedei algo pequeneira mais non teño medo dos afamados xigantes dun ollo porque son unha rapaza da aldea, coma quen di, unha Ninguén.

Filmografía

Luar. Temporadas 2016 e 2017. Presentadora e guionista dunha sección dedicada ás orquestras e da sección Luar de mel.
Amor na rede (Adivina Producciones). Guionista da segunda temporada.
O país máis grande do mundo (Portocabo). Guionista/redactora
Aquí Galicia (Setemedia Producciones). Redactora/reporteira
O sal da terra (Nadir/Zenit Producciones). Guión e produción de contidos.
Vaia troula (Setemedia Producciones). Reporteira
Éche así (Danga Danga Audiovisuais). Produción
De festa en festa (Canal Rías Baixas). Reporteira
Galegos no mundo (Portocabo). Guión
Galicia 112 (Pórtico Audiovisuais). Guionista/Reporteira/Lingüista
Na terra de… (Danga Danga Audiovisuais). Guionista/Redactora
Informativos TVG (Galicia Noticias, Bos días, Telexornal Mediodía, A Revista…)
O Agro e Labranza (Televisión de Galicia). Redactora
Vivir Aquí (Televisión de Galicia). Reporteira
Desde Galicia para el mundo (Pórtico Audiovisuais). Redactora
Ben falado! (Pórtico Audiovisuais). Redactora
Miraxes (Televisión de Galicia). Redactora en prácticas
O Programón (Televisión de Galicia). Redactora en prácticas
Deporte Total (Tele Coruña). Redactora en prácticas