Xosé Antón Cascudo

Xosé Antón Cascudo

Guitiriz, 1976

Biografía

Obrigáronme a viaxar para aprehender outras culturas, para presumir dunha patria incerta.
Urxía deseñar un animal que non camiñase ferrado do revés polo voluptuoso espazo-mundo.
Dun extenso catálogo de imposturas elixín ao azar: a) moderar as actitudes, b) equiparar coñecemento e xuizo, c) atenuar a violencia denominándoa temperamento.
Tras sucesivos cativerios obtiven status de home, cum laude, diríase, grosso modo, vulgaridade, atonía, circunspección...
Calquera destes días a esfinxe convocarame para ser feliz.

Filmografía

O instante eterno (2014), longametraxe, documental.