Carlos Ares
Biografía
CARLOS ARES (A Coruña-1966) A principios dos 90 desenrolou diferentes labores de produción en publicidade, curtametraxes, programas de televisión e documentais. Socio fundador en 1997, xunto a Andrés Mahía e Xosé Castro, de ZOPILOTE S. L., produtora dedicada principalmente á elaboración de formatos televisivos. Entre os seus traballos destacan: É un dos creadores das series “Mareas Vivas” , “Terra de Miranda”, “Pepe o Inglés”, e do programa de TVG “O Rei da Comedia”. Guionista de episodios das seguintes series “A Familia Pita”, “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda”, “Pepe o Inglés”, “O Nordés”, “Era Visto”, a serie de animación “Goomer”,“Fíos”, “As Leis de Celavella”, “Libro de familia” e “Nada es para siempre” (Antena 3) entre outras. Foi codirector e guionista do programa de TVG “O Rei da Comedia”. Foi produtor asociado da serie “Terra de Miranda”. Editor de guións das series “Pequeno Hotel”, “Mareas Vivas” e “Terra de Miranda” Un dos creadores, guionista, director e coproductor executivo de “sketches” humorísticos para o programa “Zapping Comando” da TVG. É un dos creadores, produtor executivo, guionista e director de “Air Galicia” para a TVG. Premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2007. Produtor executivo e guionista dos documentais “Selección Galega. 70 anos despois” (da que tamén é codirector), “Vogando” , “Labregos do Mar” e “Alcaian. O Primeiro Partido”. Editor e argumentista da serie “En el Aire” de Canal 9, Televisión Valenciana. É un dos creadores, guionista, productor executivo da serie “O Nordés”. É un dos creadores, guionista, director e produtor executivo da serie “Era visto!” Premiada como mellor serie nos Premios Mestre Mateo 2012 e 2013. Foi un dos premiados como mellor guión nos Premios AGAPI do ano 1997 e nos Mestre Mateo do 2003, 2005. Do 2007 ao 2009 colaborou no programa da Radio Galega Máis Berberechos. No ano 2009 colaborou no programa da Radio Galega Somos Quen. Durante os cursos 2010-11 y 2001-12 impartiu a materia de guión de ficción seriada no Master de creación, desenvolvemento e comercialización de contidos audiovisuaais, que tivo lugar no Campus de Pontevedra da Universidad de Vigo. Primeiro Master de este tipo da universidad pública. Habitual profesor en diferentes cursos, seminarios e master class de guión por toda Galicia. Entre os años 2011 ao 2015 fol Presidente da Asociación Galega de Guionistas. Desde 2015 é Presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Filmografía
A Familia Pita
Mareas Vivas
Terra de Miranda
Goomer
Fíos
Pepe o Inglés
As Leis de Celavella
Libro de familia
Nada es para siempre
O rei da Comedia
Pequeno Hotel
Mareas Vivas
Terra de Miranda
Zapping Comando
Air Galicia
Selección Galega. 70 anos despois
Vogando
Labregos do Mar
Alcaian
O Primeiro Partido
En el Aire
O Nordés
Era visto!