David González
Biografía
Son o xerente de Dyr Producciones, membro de Consulta y Crece Networking, do Círculo de Autores de ABC Guionistas e da AGAG. Na actividade empresarial destacaría a miña polivalencia nas producións, dende a dirección e guionización de curtametraxes, documentais, spots e videoclips ata a creación de contidos 360o e vídeo interactivo.
No ámbito cinematográfico destacaría a produción, guion e dirección da curtametraxe Munfeld, El Mundo Feliz (2004), traballo que participou no Marché du Film, mercado da curtametraxe enmarcado no Festival de Cine de Cannes.
Na actualidade estou a traballar na adaptación a guión cinematográfico das novelas de dous autores galegos: Divina de la Muerte, asasinato no centro comercial e Que los niños vayan al campo.
Tamén estou a traballar no desenvolvemento da serie documental La Melena de Franco e próximamente estreamos un contido de entretemento 360 Grados-Realidade Virtual titulado Sueños.
Filmografía
Páramos Lejanos, videoclip, 2014.
- A Memoria das Pedras, a Memoria das augas, documental, 2012.
- Sonata para un día calquera. Videoclip, 2011.
- Historia da Abadía de Montederramo. Documental, 2009.
- O Inquilino, curtametraxe, 2007.
- Mundfeld “El Mundo Feliz”, curtametraxe, 2004.
- El tránsito, curtametraxe, 1998.