Gaspar Broullón
Vilaboa, Pontevedra, 1982
Biografía
<!--
td {border: 1px solid #ccc;}br {mso-data-placement:same-cell;}
-->Gaspar Broullón ía para locutor de radio pero no cambio do milenio cruzou cunha imaxe. Para ser exactos con 25 imaxes en cada segundo dunha curta que durou 16500 fotogramas. Berberecho foi o nome daquela primeira experiencia, que sabía máis a horas de montaxe que a bivalvos. O de ser xornalista non chegou co título, senón cos quilómetros perseguindo historias nunha viaxe á que adicou Todo o Tempo do Mundo.
Durante anos aquel xornalista móvese entre a montaxe e a realización como quen muda a chaqueta de diario para poñer o gabán dos domingos. Así compaxina a montaxe de telefilmes (Rincóns da Memoria), documentais (Santa Liberdade, El País de Nomeacuerdo, Cuarta Pista) e multitude de programas de televisión (Criaturas, Desde Galicia para el Mundo, Vivir Aquí, Doa a Doa...) coa realización de espazos como o Ben Falado (TVG), Ribeiras (TVG) e vai saber cantas campañas de comunicación.
Cando as primeiras canas indican que a froita xa empeza a estar madura comeza a dirixir proxectos e programas. Como o Mobilízate, de Vtelevisión, o Na Terra De e o TocToc Con Permiso, para TVG, ou o máis recente De Quen Vés Sendo?
E coido que diso trataban estas liñas. De saber de quen vén sendo un tipo chamado Gaspar que ía para locutor ata que se cruzou cunha imaxe.
Filmografía
DIRECTOR
De Quen Vés Sendo (2013) - Celta Producciones para TVG TocToc Con Permiso (2013) - Pórtico Audiovisuais para TVG Na Terra De (2013) - Danga Danga Audiovisuais para TVG Na Terra das Castañas (2011) - La Región para TVG Ilustramundos (2011) - Universidade de Santiago de Compostela para TVG MOBilízate (2010 – 2011) Danga Danga Audiovisuais para Vtelevisión REALIZADOR Ribeiras (2012-2013) - Celta Producciones para TVG Ben Falado! (2008-2009) - Pórtico Audiovisuais para TVG Todo o tempo do mundo (2003-2004) - Faro para TVG
MONTADOR
DOCUMENTAL
100 Anos de Himno Galego (2007)- Pórtico Audiovisuais para TVG ...Vaime Ser Difícil Esquecer (2007)- Pórtico Audiovisuais para TVG Linatakalam (2007) - IbisaTV para TVE Cuarta Pista (2006) - Diplodocus Producións O Tren que me leva (2005) - Anxo Fernández Producciones Elefantes en la nieve (2005) - NOS Produtora Cinematográfica Galega para TVG El País de Nomeacuerdo (2004) - Anxo Fernández Producciones Santa Liberdade (2004) - NOS Produtora Cinematográfica Galega para TVG
TELEVISIÓN
Criaturas, Desde Galicia para el Mundo, Natureza, Vivir Aquí, Banda Curta, Antes do Silencio, Doa a Doa (2006-2010) para TVG