Javi Camino

Javi Camino

Santiago de Compostela, 1982

Biografía

Nace e crece en Santiago de Compostela.
Apaixoado do cine dende moi novo, especialmente do terror, a serie B e as vertentes máis estrafalarias.
Unha paixón que lle leva a coller a cámara e intentar grabar as súas fantasías, sempre con máis ganas que medios. Así naceron curtas o La Consulta del dr Natalio ou ¡Maldito Bastardo!
Fixo producción audiovisual e quentou cadeiras nas facultades de psicoloxía e xornalismo ata que xa un pouco cansado de todo, decide fundar xunto a Stela Kaminova a productora Magnetova Entertainment. Unha entelequia audiovisual especializada en videos musicais, curtas e contidos para internet.
Actualmente fai o que lle peta sempre que pode e traballa alá onde lle deixan

Filmografía

SERIES DE TELEVISIÓN

Director en:

  • Casa Manola (2014) (Filmanova-TVG)

LONGAMETRAXES

Director, cámara, guionista, montador e postproductor en

  • ¡Maldito Bastardo! (2008)

CURTAMETRAXES

Director, cámara, guionista, montador e postproductor nas seguintes curtas. (Todas seleccionadas en diversos festivales nacionais e internacionais)

  • No tiene gracia (2013)
  • Lvoluten Osken (2012)
  • Un Chico Raro (2009)
  • La consulta del dr Natalio (2004)

WEBSERIES

Director, cámara, montador e postproductor en:

  • El viudo quiere mimos (2013)

Director, cámara, montador, guionista e postproductor en:

  • Hazlo con Susa (2013)
  • A tope siempre (2012)

VIDEOCLIPS

Director, cámara, montador e postproductor en máis de dúas ducias de clips para bandas coma Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Telephones Rouges, Disco las Palmeras!, Helen Love (Gales), Linda Guilala, Modular (Argentina), Wild Balbina, Zipper,Franc3s, Axolotes Mexicanos, Anfibia, Mr Magoo… Colaborador habitual da discográfica Elefant Records.

VIDEOCREACIÓN

Director, guionista, cámara, montador e posproductor en:

  • Corpus Video (2009)