Marcos Estebo

Marcos Estebo

Biografía

Comeza a traballar en 2002 realizando reportaxes emitidas en TVE Galicia. Escribe e dirixe varios documentais como “Profesión Actor” ou “Tras o pano” emitido en TVG. Como actor fai un dúo cómico xunto a Marcos Grande en Localia Santiago, fórmase como manipulador de telebonecos coa empresa Galitoons e forma parte do Teatro de Cámara Ditea durante cinco anos. Escribe varios textos de micro teatro así como escribe e realiza a webserie “Haz el amor y después la videoguerra” xunto a Ana Ponte. Tras anos como freelance realizando vídeos corporativos, culturais ou escribindo guións para videoxogos, comeza a traballar como guionista e realizador en Bren Entertaiment en programas como “Os días de Suso” ou “Cos pés na terra“.

Filmografía

"Cos pés na terra", programa TVG (2014-2011)
"Somos ben curiosos", programa TVG (2014)
"Os días de Suso", programa TVG (2013)
"Se as vacas falaran", programa TVG (2011)
"Maniotas", programa TVG (2010)
"Hai que mollarse", programa TVG (2009)
"Tras o pano", documental TVG (2009)
"Profesión Actor", curta documental (2009)
"O libro máxico de Moitollo", videoxogo (2006)
"O avó de Paulo", videoxogo (2006)
"Xocas: Memorias dunha terra", documental TVE Galicia (2003)