Ozo

Ozo

Vigo, 1975

Biografía

Nacín en Vigo no 75 e vivo na Coruña dende o 99.
Como non puiden estudar Imaxe e Son, pasei uns anos na Facultade de Historia de Compostela.
Teño dirixido varias curtas e pezas para internet, e actualmente son director de segunda unidade na teleserie O Faro de TVG.
Traballo no audiovisual dende 1994. Comecei como cámara de noticias, entrei no 97 no cine currando en atrezo e dende hai dez anos fago series e películas como Axudante de Dirección ou como Script.
Sei falar, escribir e rodar en galego, castelán, portugués e inglés. Entendo o francés e chapurreo o catalán.

Filmografía

Actualmente dirixo a segunda unidade da serie O Faro. Tamén levo dirixidas catro curtametraxes e un videoclip. Aqui están a maioría Noutros formatos realicei, dirixín e/ou montei diferentes vídeos promocionais e musicais. Deixo aqui o que está pola rede: http://www.youtube.com/user/descargasaovivo/videos http://vimeo.com/user5954941 http://vimeo.com/51703562 Tamén realicei o programa piloto dun magacine televisivo: