Roi Carballido

Roi Carballido

Biografía

Roi Carballido é produtor, montador, realizador e guionista.

Títulado como Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e espectácuos pola Escola de Imaxe e Son de Coruña. Completando os seus estudos cun postgrao na USC, especializouse no xénero documental. Profesionalmente desempeñou varias funcións en numerosos medios. Comezou como auxiliar de direción en “Mareas Vivas” e “Nada es para Siempre” , ademais foi guionista e redactor en programas da TVG, como, “Encontros”, “Galeguidade”, “Vidas de Cine” ou “Land Rober”, función que desempeñou en diversos programas de diferentes televisións locais.

Destaca o seu traballo como director do documental “Moncho Valcárcel; O cura dás Encrobas” (2003) para a produtora A Fraga Maldita/ Editorial Novos Vieiros.

Dirixiu e guionizou a curtametraxe “Comercial” (2015) para Filmika Galaika, empresa da que é socio, onde foi produtor executivo de documentais como “A Fazaña dá Liberdade” (2013) e “O Espirito das Trincadeiras” (2011), igual que as longametraxes de ficción "Longa Noite" (2018)e "Eles Transportan a Morte" (2018) . Foi en Filmika Galaika, onde tamén dirixiu traballos como “Somos Acó” (2012), “Lume de Fachóns” (2012) ou a peza de videoarte para o Festival Sen Sal de San Simón, “Ophiusa” (2012) nominada aos Premios Mestre Mateo daquel ano, ademais de realizar diversas producciones, pequenos anuncios e vídeos empresariales e institucionais.

No 2015 traballou na Guinea Ecuatorial como realizador e axudante de dirección de publicidade para Levanta GE, foi operador de cámara para Fox Internacional e colabora estreitamente coa Asociación de Cinema de Guinea Ecuatorial (ACIGE).

Actualmente compaxina a a súa laboura como axudante de dirección e filmaker para a empresa pública e privada, coa súa actividade como socio fundador da ONG Waka Films, Comunicación para o Cambio Socia, con sede na Coruña con quenes, e xunto a Filmika Galaika está a producir actualmente a longametraxe documental "Manoliño Nguema" (2018).

Waka Films desenvolve a súa actividade fundamentalmente en África, América Latina e Galicia.

Filmografía

Guionista da longametraxe documental "Moncho Valcarce, o Cura das Encrobas" (2002).
Redactor en "Vidas de Cine" TVG (2006)
Redactor en "Encontros" TVG (2006)
Redactor comerciales TV en INH Producciones (2007)
Guionista "Land Rober" (2008)
Guionista peza "Tú a Vigo y yo a la Coru" (2010)
https://www.youtube.com/watch?v=5GqJsa_BraM
Guionista peza "O mal de Ullarra" (2010)
https://www.youtube.com/watch?v=GQ-2sLAky1g

Guionista da curtametraxe "Comercial" (2010)
https://www.youtube.com/watch?v=pzD-sR83Awo&t=5s

Guionista da longametraxe documental "Manoliño Nguema" (2018)
Teaser Manoliño Nguema: https://vimeo.com/245432363

Guionista e filmaker para Repsol, Refinería A Coruña (2018-2021).

Guionista e filmaker vídeos musicais, spots, comerciáis e varios (2010- hoxe).
(Morgen) https://www.youtube.com/watch?v=FKh4PP_xn0o
(Mariscadoras do Anllóns)https://www.youtube.com/watch?v=9nLJAfLYjuY&t=235s