Samuel Lema

Samuel Lema

A Estrada, 1976

Biografía

Samuel Lema (A Estrada, 1976) posúe unha formación multidisciplinar que vai das Belas Artes á escritura e análise de guión, pasando pola produción executiva. Traballou en departamentos de desenvolvemento creativo e produción, tanto para cine de animación, imaxe real como TV. No 2011 crea a productora VTF para desenvolver, producir e realizar proxectos propios, dos que destaca a curta LA CARNE CRUDA, e os proxectos DESDE DENTRO e STALK.

Filmografía

Exerceu como director de arte na longametraxe "Dos Fragmentos: Eva" de Ángel Santos. Escribiu e produciu a curta de animación 3D "Cribba o Vampiro", e dirixiu as curtas SHOOT, O SHOW DE... e LA CARNE CRUDA ca que acadou numerosas seleccións e premios en festivais nacionais e internacionais. Coa produtora VTF leva a cabo o desenvolvemento do proxecto_ DESDE DENTRO_ conseguindo a través do EPC ser seleccionado nos foros de coprodución de Cannes e Locarno.