Simone Saibene

Simone Saibene

Busto Arsizio, 1977

Biografía

Naceu en Busto Arsizio (Italia) en 1977.
No 2003, licenciouse con matrícula de honra en Ciencias da Comunicación na Universidade IULM de Milán, cunha tese titulada "Para unha xeografía do cine. A rexionalización do cine español: o caso de Galicia". Asistiu a cursos de teatro, música e fotografía.
En 2006 gañou o Premio Artivisive San Fedele (Milán, Italia), coa curtametraxe experimental "Il furto della zucca", gravado entre Suíza e Italia.
Dende o 2006 ata o 2010 traballou como programador, animador cultural e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán.
Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista publicista e critico audiovisual, colabora e colaborou con varios medios e institucións, entre outros, a revista de cine Duellanti, o Instituto Cervantes de Milán, o CGAI da Coruña, a Esap de Porto e a Universidade de Vigo.
Formou parte do xurado na XV edición do Festival Internacional de cine de Ourense, na VIII Mostra Internacional de Escolas de Cinema de Porto e no 17th Avanca Film Festival.
Dende o 2010 vive en Ourense onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones.

Filmografía

  • 2003 "Contrappunto: Gabriele Carpani, contrabbassista" – documental
  • 2004 "Patmos (Apocalypsi)" - documental
  • 2006 "Il furto della zucca" – curtametraxe
  • 2007 "Retorno a San Andrés" – curtametraxe
  • 2013 "9 ondas" - longametraxe
  • 2014 "Coma ventos fuxidos" – Proxecto NIMBOS – curtamentraxe
  • 2014 "Kuti Khanti" - curtametraxe