Víctor Grande

Víctor Grande

Ames, A Coruña, 1979

Biografía

Chámome Víctor Grande e son cómico e zurdo. Traballo dende principios de século escribindo e interpretando textos humorísticos en forma de monólogos, cancións, sketchs ou guións radiofónicos. Escribín unha webserie que acadou un Mestre Mateo (Galicia Crime) e dende fai anos coordino as seccións de humor en Radio Coruña Cadena SER. Tamén escribín unha obra de teatro, varios shows unipersoais, un late night, publiquei un libro cos meus textos e algún día publicarei algunha das novelas que teño a medio escribir.

Filmografía

  • 2017 O Agasallo (TVG)
  • 2016 Galicia Crime (Webserie)
  • 2013 Es lo que hay (late night show)