Víctor Sierra

Víctor Sierra

Biografía

(A Estrada, 1976). Cursei estudos de Xornalismo na USC e de Produción Audiovisual na EIS. De desastroso xornalista, convertinme en mediocre produtor e, empuxado polo medo á indixencia, acabei escribindo guións para series de televisión.

Participei na creación e desenvolvemento das series Padre Casares, Matalobos, Serramoura, Piratas, Quart, El Final del Camino, Maridos e Mulleres e Viradeira. En todas elas traballei ademais como argumentista e dialoguista.

Compartín a faceta de editor de guións con Carlos Portela nas primeiras tempadas de Matalobos; con Lidia Fraga nas últimas de Pazo de Familia e con Xosé Morais e Alberto Guntín en Viradeira, proxecto no que levamos ademais a produción executiva.

No referente a películas para televisión, dous proxectos: Mar Libre e Vacas, porcos e zapatos de tacón. Actualmente traballo con Simón Casal no guión dunha largometraxe: Choiva Fina.

No ámbito institucional, formo parte do Consello Territorial de Sgae en Galicia, representado, xunto a Puri Seixido, ó Colexio Audiovisual.

Tamén son profe na EIS –IES Imaxe e Son- e imparto un par de clases sobre Creación de biblias e sobre O analista de guión no MPXA da Universidade da Coruña.

Filmografía

"Viradeira". TVG. Argumentista, dialoguista, editor, prod exec. (Cap 1 - 23).
"El Final del Camino". TVE e TVG. Argumentos e diálogos (Cap 01 -08).
"Serramoura". TVG. Argumentos e diálogos (Cap 01 - 56).
"Pazo de Familia". Argumentos e diálogos (Cap 02 - Cap 116). Edición de diálogos (Cap 85 - 116).
"A Casa da Conexa". TVG. Sketches.
"Piratas". Mediaset. Argumentos e diálogos. (Cap 01 - 08).
"Padre Casares" TVG (remakes para Canal Sur, Canal 9, IB3). Argumentos e diálogos (Cap 02 - 53).
"Matalobos". TVG. Argumentos e edición (Cap 01 - 48).
"Mar Libre". TVG. Guión.
"Vacas, Porcos e Zapatos de tacón". TVG. Guión.
"QUART". A3. Argumentos e diálogos (Cap 01 -06).
"A Vida por Diante" TVG. Diálogos.
"Maridos e Mulleres". TVG. Argumentos e Diálogos (Cap 1 - 26). Tamén da versión valenciana: "Matrimonis e Patrimonis".
"Rías Baixas". TVG. Argumentos (Cap 88 - 191).