Antonio Caeiro
Traballador da imaxe (realizador, montador, cámara, guionista,...) nacido en Gondomar (Pontevedra) ao comenzo da década dos sesenta. Obsequiado cunha cámara de s8 aos 15 anos, xa non se solta dela, facendo do seu amor a súa profesión, cousas, as veces, que non se deben de misturar e así andan os dous. Ainda que no é un xenio, por que non hai lámpara que o acolla no seu interior, procura facel...
Biografía
Traballador da imaxe (realizador, montador, cámara, guionista,...) nacido en Gondomar (Pontevedra) ao comenzo da década dos sesenta.
Obsequiado cunha cámara de s8 aos 15 anos, xa non se solta dela, facendo do seu amor a súa profesión, cousas, as veces, que non se deben de misturar e así andan os dous.
Ainda que no é un xenio, por que non hai lámpara que o acolla no seu interior, procura facelas cousas ben.
Filmografía
Logo de realizar algunhas curtas premiadas en distintos festivais nacionais e extranxeiros, decide centrarse, no seu afán persoal ao marxe doutras actividades máis comerciais (anuncios, reportaxes, guións tv, comerciais empresas e hasta vodas, bautizos e comunións...), en longas documentais que exploran a oralidade histórica.
De ahí nacen "Aillados" (1988-2001), "A memoria nos tempos do volfram" (2004) e "A volta dos nove" (2014).
No medio outros documentais como "Esta noite, velada", "Arde Madrid", "El ruido y el silencio" e "Desde dentro do corazón""