Fran X. Rodríguez
Rianxo, 1980
Biografía
Fran X. Rodríguez (Rianxo, 1980) dirixe a súa carreira como realizador e posprodutor nos campos da Non Ficción, o Cinema Experimental e a Publicidade.
En 2003, tras rematar os estudos de Realización na EIS de Vigo, comeza a traballar en Saga TV como editor e posproductor en series documentais como 'Entornos' para RTVE, ou en curtametraxes de ficción como 'Lobos' de Dani de la Torre.
En 2005 entra a formar parte do equipo de IB Cinema, onde ten a oportunidade de experimentar co Stop Motion e de traballar con formatos da cinematografía analóxica tanto en documentais como en curtas de animación.
Co 'Cerco' gaña en 2008 o Premio á Mellor Montaxe no “Festival de Cortometrajes de Zaragoza”.
No 2009 compite no certame “Curtas na Rede” onde gaña o Premio á Mellor Obra Experimental con 'Meticulosidade'.
Neses anos comeza a súa andadura no cine comercial e corporativo da man da axencia de publicidade BAP&CONDE onde realiza distintos traballos para Gadis, Xunta de Galicia, Pascual ou Xornal de Galicia.
En 2010 e 2011 dirixe o reality televisivo 'Gran Cambio', producido por Ficción Producciones.
Na actualidade traballa baixo o selo I Do Visual e a súa actividade profesional navega entre a publicidade, o documental, o cine experimental e o deseño de secuencias de créditos.
Filmografía
PUBLICIDADE
- EL QUE AVISA NO ES TRAIDOR (Certame #CortodeAzúcar, 2014)
- LETRAS GALEGAS “VIDAL BOLAÑO” (Xunta de Galicia, 2013)
- FÍOS Europrosem Textil, 2013
- DOMINÓ Europrosem Textil, 2012
- STRAORDINARIUS Coren, 2011
- FERROL POR SORPRESA Turismo de Ferrol 2011
- REPARTIDORES RETRASO CERO, Xornal de Galicia 2009
- OPORTUNIGADIS, Gadis 2009
- FUTBOLISTA, Gadis 2009
TV
- GRAN CAMBIO, Ficción Producciones para TVG, 2010-2011
NON FICCIÓN
- THE CLIMATE BLUEPRINT, 60’ Somadrome & Intuitive Productions 2013
- GALLAECIA ROMANA, 10’ EAF 2012
- MANUSCRITOS POMPEIANOS, 20’ Amén Cinema 2010
- EXPERIMENTAL TRIBUTE DETECTIVE, I Do Visual 2014
- TRUE BLOOD, I Do Visual 2014
- COMA UNHA ESPADA (Proxecto Nimbos), I Do Visual 2014
- METICULOSIDADE, Independent Films *Premio “Curtas na Rede” 2009
- O CERCO, Independent Films *Premio Mellor Montaxe no “Festival de Cortometrajes de Zaragoza” 2008
SECUENCIAS DE CRÉDITOS
- NA PROCURA DA BESTA, Tv Sete | Marcos Nine | Alicia Veira (en produción)
- A VIAXE DE LESLIE, Marcos Nine | Portocabo 2014
- ONDE VAI A XENTE, Nortideas 2013
- MORREU O DEMO, Tintimán 2012
- MANUSCRITOS POMPEIANOS, Amén Cinema 2010
- A FÁBRICA, Marcos Nine 2008
- O PREMIO DA RUBIA, Brent Entertainment 2008
- HISTORIA DUNHA PARROQUIA, Brent Entertainment 2007
- JEDN-PENSANDO EN SOLEDAD, IB Cinema 2006