Jorge Coira
Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90. A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Vícto...
Biografía
Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90.
A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Víctor Duplá e Mariano Barroso, ademais de participar na primira edición do Berlinale Talent Campus.
A súa experiencia inclúe cine, televisión, vídeocreación e teatro.
No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran Liquidación e O Matachín (esta última cun bo percorrido de festivais e premios internacionais), en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O Ano da Carracha.
A súa seguinte película, 18 comidas -estreada en España a finais de 2010-, leva recibidos numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas en máis de 10 países de todo o mundo.
En televisión, ademais do seu labor en publicidade y videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en series como Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos E.E.U.U.); así como a tv-movie Entre Bateas. E desde 2007, dirixe con frecuencia series de ámbito nacional como El Comisario, RIS ou Pelotas.
Outro dos terreos nos que máis traballou é o documental, onde destacan os documentais de creación ¿Qué Culpa Tiene el Tomate? (estreado no MoMA en Nova York en 2009), ou Días de Reparto, ademais de traballos televisivos como Chunda Chunda.
contacto representante
Filmografía
LONGAMETRAXES
- *18 comidas *(Longametraxe. Tic-tac Prod. Zircozine). 2010.
- *O Ano da Carracha *(Longametraxe. Filmanova) 2004.
DOCUMENTAIS
- Torre de Breoghán. A luz dos milésinas (Longametraxe documental. Abano Prod.) 2015
- ¿Qué Culpa tiene el Tomate? (Longametraxe documental. Tic-tac Prod.). Galicia / Arxentina / Perú / Colombia / Bolivia / Venezuela / Brasil. 2009
- Días de Reparto (Documental. Filmax para TVG). 2010
- 092 (Serie documental, 8 x 30’. Costa Oeste S.A. para TVG). 2001.
- Vida nas Mareas (Serie documental, 6 x 30’. NTR Telefábrica para TVG). 2000.
- Chunda, Chunda (Serie documental, 7 x 30’. Costa Oeste S.A. para TVG). 2000.
CURTAMETRAXES
- *A ti como se che di adeus? *(Curtametraxe. Miguel Asensio P.C.) 1998.
- O Matachín (Curtametraxe. Abrago Filmes). 1996
- Mofa e Befa en Gran Liquidación (Curtametraxe. Producciones E.I.S.). 1995
TELEVISIÓN
- Co-director de _Sé quién eres _(Serie de ficción, 10 x 70' Filmax para Telecinco). 2016
- Director e guionista de Luci (Serie de ficción, 14 x 25'Portocabo para TVG). 2013/2014
- Director de Pelotas (Serie de ficción, 7 x 70'. El Terrat para TVE). 2010
- Director de El Comisario (Serie de ficción, 2 x 70'. Bocaboca para Telecinco). 2008
- Director de Padre Casares (Serie de ficción, 13 x 65'. Voz Audiovisual para TVG). 2008
- Director de R.I.S. (Serie de ficción, 2 x 50'. Videomedia para Telecinco). 2007
- Director e Prod. executivo de Terra de Miranda (Serie de ficción, Voz Audiovisual para TVG). 2001/07
- Director de Mundo Verbena (Programa TV. 12 x 100’. Voz Audiovisual para TVG). 2006
- Director de As Leis de Celavella (Serie de ficción, 26 x 70'. Voz Audiovisual para TVG). 2005
- Director de Entre Bateas (TV Movie. Costa Oeste S.A. para F.O.R.T.A.). 2002
- Director creativo de promocións de Televisión de Galicia. 1996 / 99
OUTRAS OBRAS
- _Gallaecia Petrea. Sentindo a pedra. (videocreación para exposición en museo). 2012_
- Volver (Video-clip do grupo Di Elas). 2011
- *Logo Chega o Día. *(Video-clip. Lamatumbá). 2010.
- Radio Magical. (Video-clip do grupo Magical Brothers para Club Xabarín, TVG). 2008
- Hugo Box (Video-clip. Aphonnic). 2007.
- Cidade Teatro. Campaña de Promoción do Centro Dramático Galego (10 spots x 25’’). 2006
- ¿Que é o Atlántico? (Montaxe para a celebración do 15º Aniversario do Pub Atlántico) 2003
- *Little Girl *(Vídeo-clip “Aphonnic”. Casa de Tolos.) 2003.
- *Untitled *(Curtametraxe para o Berlinale Talent Campus). 2002
- *The Return of the Wardrobe *(Curtametraxe da Masterclass de Allan Starski. EFA). 2002
- Rapabestas (Vídeo-clip “Xosé Manuel Budiño”. EIS.) 1998
- As Xoias da Señora Bianconero (Curtametraxe. Leidisanllentelman). 1993