Sonia Méndez
Sonia Méndez (Vigo, 1980) ten unha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual. Realizou principalmente estudos de interpretación en diversas escolas como Espazo Aberto en Santiago de Compostela, Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona ou o Postgrao en Interpretación e Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o mundo da interpretaci...
Biografía
Sonia Méndez (Vigo, 1980) ten unha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual.
Realizou principalmente estudos de interpretación en diversas escolas como Espazo Aberto en Santiago de Compostela, Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona ou o Postgrao en Interpretación e Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela.
Dende o mundo da interpretación, a súa inquietude lévaa a instruírse noutros ámbitos.
No Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona seguiu cursos de Guión e Dirección de Actores.
Na Escola Internacional de Cine e TV de Cuba estudou Construción Dramática e na Escola de Imaxe e Son de Coruña formouse como Realizadora de Espectáculos e Audiovisuais.
Como directora realizou diversas curtametraxes: "Perversa Lola", "Leo e Mario (déixanse) ", "Ás Damas Negras" e "Conversa cunha muller morta", os dous últimos premiados co premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe nos anos 2012 e 2013 respectivamente, entre outros premios.
É creadora, guionista e actriz da serie online ANGÉLICA Y ROBERTA, xunto con Sandra Lesta. Webserie premiada co Mestre Mateo a mellor webserie (2013) e mellores actrices de comedia e mellor guión no festival de webseries LAWebFest de Los Ángeles.
Como actriz deuse a coñecer en Galicia no ano 2001 coa serie "Terras de Miranda" á que logo seguiron outras series como " Os Atlánticos" producida por Filmanova e Continental e emitida tamén na TVG.
Durante este tempo participou en longametraxes como "Rafael" de Xavier Bermúdez, "Unha muller invisible" de Gerardo Herrero, "Por min e por todos os meus compañeiros" de Judas Diz ou "O Sexo dos Anxos" de Xavier Villaverde, película pola que foi nomeada a mellor actriz secundaria nos Premios Mestre Mateo del Audiovisual Gallego, 2013.
Imparte o curso anual de "Interpretación Diante da Cámara" na escola de actores Espazo Aberto (Compostela) e dirixe o I Festival Nacional de Webseries CARBALLO INTERPLAY (Carballo).
Filmografía
DIRECCIÓN E GUIÓN
2012. CONVERSA CUNHA MULLER MORTA. Curtametraxe.
2011. AS DAMAS NEGRAS. Curtametraxe.
2010. LEO Y MARIO (SE DEJAN). Curtametraxe.
2008. PERVERSA LOLA. Curtametraxe.
2011-12. ANGÉLICA Y ROBERTA. Serie web. Creación, guión e interpretación. www.angelicayroberta.com (premio Mestre Mateo mejor webserie)
COMO ACTRIZ
CINE
2011. EL SEXO DE LOS ÁNGELES. Largometraje de Xavier Villaverde.
2010. AÑOS DESPUÉS. Largometraje de Laura Gardos.
2007. RAFAEL. Largometraje de Xavier Bermúdez.
2007. UNA MUJER INVISIBLE. Largometraje de Gerardo Herrero.
2005. POR MI Y POR TODOS MIS COMPAÑEROS. Largometraje de Judas Diz.
TELEVISIÓN
2012. OS BOLECHAS ESPECIAL CARNAVAL. Programa de TV. Presentadora. Para TVG.
2009. HORIZONTE 2. Piloto de serie de televisión. Filmanova para TVG.
2007-09. OS ATLÁNTICOS. Serie de televisión. Filmanova para TVG.
2005. PATAGHORUBÍ. TV-movie de Antón Dobao.
2005. RÍAS BAIXAS. Serie de televisión para TVG.
2001-04. TERRAS DE MIRANDA. Serie de televisión para TVG.
2003. LA ROSA DE ALEJANDRÍA. TV-movie de Rafael Monleón.