Javi Camino
Nace e crece en Santiago de Compostela. Apaixoado do cine dende moi novo, especialmente do terror, a serie B e as vertentes máis estrafalarias. Unha paixón que lle leva a coller a cámara e intentar grabar as súas fantasías, sempre con máis ganas que medios. Así naceron curtas o La Consulta del dr Natalio ou ¡Maldito Bastardo! Fixo producción audiovisual e quentou cadeiras nas facultades de p...
Biografía
Nace e crece en Santiago de Compostela.
Apaixoado do cine dende moi novo, especialmente do terror, a serie B e as vertentes máis estrafalarias.
Unha paixón que lle leva a coller a cámara e intentar grabar as súas fantasías, sempre con máis ganas que medios. Así naceron curtas o La Consulta del dr Natalio ou ¡Maldito Bastardo!
Fixo producción audiovisual e quentou cadeiras nas facultades de psicoloxía e xornalismo ata que xa un pouco cansado de todo, decide fundar xunto a Stela Kaminova a productora Magnetova Entertainment. Unha entelequia audiovisual especializada en videos musicais, curtas e contidos para internet.
Actualmente fai o que lle peta sempre que pode e traballa alá onde lle deixan
Filmografía
SERIES DE TELEVISIÓN
Director en:
- Casa Manola (2014) (Filmanova-TVG)
LONGAMETRAXES
Director, cámara, guionista, montador e postproductor en
- ¡Maldito Bastardo! (2008)
CURTAMETRAXES
Director, cámara, guionista, montador e postproductor nas seguintes curtas. (Todas seleccionadas en diversos festivales nacionais e internacionais)
- No tiene gracia (2013)
- Lvoluten Osken (2012)
- Un Chico Raro (2009)
- La consulta del dr Natalio (2004)
WEBSERIES
Director, cámara, montador e postproductor en:
- El viudo quiere mimos (2013)
Director, cámara, montador, guionista e postproductor en:
- Hazlo con Susa (2013)
- A tope siempre (2012)
VIDEOCLIPS
Director, cámara, montador e postproductor en máis de dúas ducias de clips para bandas coma Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Telephones Rouges, Disco las Palmeras!, Helen Love (Gales), Linda Guilala, Modular (Argentina), Wild Balbina, Zipper,Franc3s, Axolotes Mexicanos, Anfibia, Mr Magoo… Colaborador habitual da discográfica Elefant Records.
VIDEOCREACIÓN
Director, guionista, cámara, montador e posproductor en:
- Corpus Video (2009)