Marcos Nine
Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) é cineasta e guionista galego que traballa fundamentalmente nos campos da Non-Ficción e a Experimentación. Iniciou a súa carreira como guionista de series de televisión entre as que destacan “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda” e “As leis de Celavella”. En 2003 di...
Biografía
Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) é cineasta e guionista galego que traballa fundamentalmente nos campos da Non-Ficción e a Experimentación. Iniciou a súa carreira como guionista de series de televisión entre as que destacan “Mareas Vivas”, “Terra de Miranda” e “As leis de Celavella”. En 2003 dirixe o seu primeiro traballo “Carcamáns”, un documental sobre o impacto da catástrofe do Prestige na Ría de Arousa. Co seu segundo traballo “Pensando en Soledad” (2006) acadará o Premio ó mellor Director de Documental no Festival Internacional de Cine de Ourense, e a este seguiranlle unha gran cantidade de títulos e premios. En 2010 realiza dúas curtametraxes, “Manuscritos Pompeianos” e “Radiografía dun autor de tebeos” coas que participa en máis de 60 festivais de todo o mundo entre os que destacan o SIFF de Seatle, Silver Docs ou o Festival de Málaga. A partires dese momento o seu nome aparece vinculado ó que deu en denominarse o Novo Cinema Galego, movemento que agrupa a algúns dos autores galegos de cinema independente con maior repercusión internacional.
En 2011 dirixe a súa primeira longametraxe, “La Brecha”, a medio camiño entre o documental e o cinema experimental, que foi estreada internacionalmente no prestixioso Festival de Cinema Independente de Bos Aires, BAFICI.
Filmografía
Longametraxes
“La Brecha”, Amen Cinema. 2011
Documental Tv.
“O Sol nos Chaos” USC e CSIC. 2010
“O premio da Rubia”, Bren Entertaiment. 2008.
“Historia dunha parroquia”, Bren Entertaiment. 2007
“Pensando en Soledad”, I.B. Cinema. 2006
“Carcamáns”, I.B. Cinema. 2003
Curtametraxes
“Inasible” (Inasible #1, Inasible #2) Amén Cinema. 2011
“Losada”, Amén Cinema. 2011
“Manuscritos Pompeianos” Amén Cinema. 2010
“Radiografía dun autor de tebeos”, Setemedia, Alicia Veira e Marcos Nine. 2010.
"3 Okupas" Casa das Atochas. 2010.
“Aarón”, Amén Cinema. 2009
“A Fábrica” Amén Cinema. 2008
“Soidade3”, Amén Cinema. 2007.
“Jedn” I.B.Cinema. 2006
Varios
“Ephemeral” (Videoclip producido por Planeta Namec e Amén Cinema) 2013
“Arquitectura S. XIX e XX”, “Tecnoloxía Paleolítica” e “Gallaecia Romana” para a exposición “Gallaecia Petrea” da Cidade da Cultura. Producidos por EAF e Tic-Tac Producciones. 2012.
“A gran partida" (Mirco espacio deportivo) Saga Tv 2006.
Guión
“Piedad” (Longametraxe Non-Ficcion) Amén Cinema/Milpinton Filmes. 2011
“Simbad” (Argumento, Longametraxe Ficción) Ficción producciones. 2010
“Gran Cambio” (Docu-Soup) Ficción Producciones. 2010
“A casa de 1907” (Docu-Reality) Continental Producciones e Filmanova. 2007
“Comarcas de Muros e Noia” (spot) Saga Tv. 2006
“Compostela capital de compras II” (spot) Saga Tv. 2006
“Compostela capital de compras” (spot) Saga Tv. 2005
"As Leis de Celavella" (Serie Tv), Voz audiovisual. 2005
"Terra de Miranda" (Serie Tv) Voz Audiovisual. 2002-2005
"Mareas Vivas" (Serie Tv) Voz Audiovisual. 2001-2002